Aviso Legal
HOSPECO. Turismo y Hoteles en A Coruña. Asociación Provincial de Hospedaje.
español galego english deutsch português
TURISMO E HOTEIS NA CORUÑA.
ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE HOSPEDAXE
DA CORUÑA
 
A Coruña|Oleiros|Arteixo|Sada|Betanzos|Miño|Ferrol|Pontedeume|Santiago|Noia
Información | Galería de fotos | Mapa de localización

Miño


A súa privilexiada situación convérteo nun dos centros de veraneo máis importantes das Rías Altas.

Foto Miño Miño ofrécelle ao turista moitos atractivos para o seu tempo de lecer, tanto no mar coma na montaña. É un municipio costeiro situado na ría de Betanzos, nas denominadas Mariñas Coruñesas, que posúe desde o ano 2000 a denominación de Municipio Turístico, outorgada pola Consellería de Turismo da Xunta de Galicia. Limita ao norte con Pontedeume, ao leste con Vilarmaior e ao sur con Paderne e Irixoa.

Atravesan o municipio tres ríos. O río Lambre discorre por unha ruta chea de encanto e ten a súa desembocadura na ponte do Porco, formando a praia da Alameda; o río Baxoi, na rúa do Camiño Inglés, atopa ao longo do seu curso unha fonte gótica e un merendeiro onde facer unha parada para descansar e, finalmente, a súa canle discorre ata a súa desembocadura na Praia Grande formando a marisma ás súas portas. En terceiro lugar, o río Xarío pasa polas parroquias de San Xoán de Vilanova e Perbes e desemboca nun costado da Praia Grande de Miño.

Foto Miño Un percorrido polas oito parroquias de Miño permite gozar coas súas casas nativas e de labranza, cos seus hórreos e terras de cultivo xunto a muíños de auga, os seus pazos cos amplos xardíns e as fontes, as súas igrexas e santuarios románicos, góticos, barrocos e modernistas.

Miño conta cunhas magníficas praias aptas para o baño, o descanso e a práctica de distintos deportes náuticos como piragüismo, remo, vela e windsurf, entre outros, que concentran a maior parte do atractivo turístico deste lugar natural.

Hoteis


Foto Hotel Crisol de las Rias
Estrellas Hotel Crisol de las Rias Hotel Crisol de las Rias