Aviso Legal
HOSPECO. Turismo y Hoteles en A Coruña. Asociación Provincial de Hospedaje.
español galego english deutsch português
TURISMO E HOTEIS NA CORUÑA.
ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE HOSPEDAXE
DA CORUÑA
 
A Coruña|Oleiros|Arteixo|Sada|Betanzos|Miño|Ferrol|Pontedeume|Santiago|Noia
Información | Galería de fotos | Mapa de localización

A Coruña


Foto A Coruña A Coruña é unha cidade aberta ao Atlántico, de gran beleza e con variadas posibilidades culturais e de lecer. Cunha promoción ao longo dos anos de "Cidade na que ninguén é forasteiro", "Balcón do Atlántico" ou "Cidade de Cristal", ademais da súa riqueza histórica e artística ofrécelle ao visitante as súas magníficas praias, a súa gastronomía, festas, espectáculos, competicións deportivas e a infraestrutura necesaria para todo tipo de encontros profesionais.

A ruta pola cidade pode comezar polo paseo marítimo, considerado un dos máis importantes do mundo e co que se creou unha nova fachada urbana, un balcón ao Atlántico. Ten unha lonxitude de máis de 12 quilómetros, que se poden percorrer a pé, en bicicleta ou mesmo en tranvía de época.

Foto A Coruña Ao principio do paseo encóntrase o Castelo de San Antón, antiga fortaleza e prisión convertida en museo arqueolóxico e histórico que ofrece un percorrido pola prehistoria, os castros e a época romana e permite coñecer a historia da cidade. Fronte ao castelo están o porto deportivo e a nova torre de control marítimo, outro elemento identificador da cidade.

Seguindo o paseo marítimo aparece a Torre de Hércules. É o único faro romano do mundo en funcionamento e símbolo da cidade e foi incluído, en outubro de 2007, na relación final de proxectos españois que optan á catalogación de Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Foto A Coruña A luz desta torre é punto de referencia para os navegantes desde o século II. Ten unha altura de 58 metros que, tras subir 242 banzos, permite gozar de espectaculares vistas panorámicas. Desde o alto da torre apréciase a topografía da Coruña: unha península en cuxo istmo se sitúan a un lado o porto e ao outro a enseada do Orzán.

Próxima á Torre de Hércules encóntrase a Casa dos Peixes, Aquarium Finisterrae. Este museo ofrécelle ao visitante a oportunidade de coñecer o mundo submarino e o ecosistema mariño da costa galega, alén doutros elementos museísticos que propoñen experiencias como tocar a superficie de estrelas de mar ou de rodaballos e coñecer como viven os lagostinos. Tres piscinas exteriores albergan ademais focas, polbos e outras especies do Atlántico europeo.

Foto A Coruña Na fronte marítima do Orzán atopamos a Domus ou Casa do Home, un museo interactivo, obra do xaponés Arata Isozaki, que trata de forma global e monográfica o ser humano. O museo está pensado para divertir o visitante, estimulando a súa curiosidade e suscitando a súa reflexión acerca das características da especie humana.

Tras bordear as praias de Riazor e do Orzán, ao outro lado da enseada, álzase o Millenium, un monólito de cristal construído no ano 2000 e inaugurado coa entrada do novo milenio. No interior do Millenium hai numerosos focos de luz que iluminan os paneis de cristal con imaxes da historia da cidade e ofrecen un bonito espectáculo de luz polas noites. Está rodeado por un estanque onde os turistas adoitan tirar moedas para que se cumpran os seus desexos.

Afastándonos xa da liña costeira, no parque de Santa Margarida encóntrase o terceiro museo científico, a Casa das Ciencias, centro interactivo que ten como obxectivo xeral a divulgación científica. Conta cun planetario, no que se poden observar as estrelas e as constelacións, e con diversas salas dedicadas á tecnoloxía, ao mundo físico e á natureza.

Foto A Coruña No centro da cidade levántase a praza de María Pita, que honra a heroína local que loitou contra os corsarios ingleses patroneados polo pirata Drake. Os balcóns de ferro e as típicas galerías dos pisos superiores dos edificios danlle un aspecto único a esta praza, onde o viaxeiro pode facer un alto no camiño e tomar un café nunha das súas terrazas. O edificio do Concello ocupa un dos laterais da praza e no seu interior alberga o Museo dos Reloxos, unha interesante colección dos séculos XVII a XX.

Ademais destes, hai na cidade outros museos, como o de Arte Contemporánea, de Belas Artes, as Casas Museo de Picasso, Emilia Pardo Bazán e María Pita e o Museo Militar Rexional. Este último móstralles aos seus visitantes importantes coleccións de armas, bandeiras, uniformes, maquetas e mobiliario, que abranguen un amplo período que vai desde o século XVIII ata mediados do século XX.

Tamén merece mención a Cidade Vella. Posúe todo o encanto do seu trazado medieval e aínda está rodeada en parte pola muralla defensiva. Aí están tamén as igrexas románicas de Santa María do Campo e de Santiago, antigas vivendas señoriais brasonadas ou xardíns románticos, como o de San Carlos, que asoma ao mar por enriba da muralla.

Aínda que os museos son parte importante da cidade, A Coruña non é só cultura. A cidade bríndalles aos visitantes unha excelente gastronomía nos seus restaurantes e nas zonas de viños e tapas, onde poden degustar as especialidades desta terra. As rúas da Mariña, da Franxa e os arredores de María Pita concentran boa parte dos restaurantes onde serven os mellores pratos de marisco, peixe, polbo á galega... todo isto acompañado dos mellores viños galegos.

Foto A Coruña E despois dunha boa cea, a cidade ofrece varias opcións para continuar a aproveitar a noite coruñesa. Así, na Cidade Vella, a zona dos viños, o Orzán ou Juan Flórez existen locais para todos os gustos que se enchen de xente con ganas de pasalo ben e gozar de bos momentos.

A Coruña está tamén preparada para acoller distintos eventos profesionais. Así, conta con espazos como EXPOCORUÑA, un novo recinto destinado a feiras, congresos, reunións ou espectáculos, con máis de 18.000 metros de área expositiva cuberta que se complementan con outros servizos e aulas para distintos usos. Está situado á entrada da cidade e moi ben comunicado. No peirao de transatlánticos sitúase PALEXCO, o Pazo de Exposicións e Congresos, que ofrece unha superficie de 9.000 m2.

Hoteis


Foto Hesperia Finisterre
Estrellas Hesperia FinisterreEstrellas Hesperia FinisterreEstrellas Hesperia FinisterreEstrellas Hesperia FinisterreEstrellas Hesperia Finisterre Hesperia Finisterre
Foto Ac Coruña
Estrellas Ac CoruñaEstrellas Ac CoruñaEstrellas Ac CoruñaEstrellas Ac Coruña Ac Coruña
Foto Hotel Attica 21 Coruña
Estrellas Hotel Attica 21 CoruñaEstrellas Hotel Attica 21 CoruñaEstrellas Hotel Attica 21 CoruñaEstrellas Hotel Attica 21 Coruña Hotel Attica 21 Coruña
Foto Eurostars Ciudad de La Coruña
Estrellas Eurostars Ciudad de La CoruñaEstrellas Eurostars Ciudad de La CoruñaEstrellas Eurostars Ciudad de La CoruñaEstrellas Eurostars Ciudad de La Coruña Eurostars Ciudad de La Coruña
Foto Hesperia A Coruña
Estrellas Hesperia A CoruñaEstrellas Hesperia A CoruñaEstrellas Hesperia A CoruñaEstrellas Hesperia A Coruña Hesperia A Coruña
Foto Husa Center
Estrellas Husa CenterEstrellas Husa CenterEstrellas Husa CenterEstrellas Husa Center Husa Center
Foto Meliá María Pita
Estrellas Meliá María PitaEstrellas Meliá María PitaEstrellas Meliá María PitaEstrellas Meliá María Pita Meliá María Pita
Foto NH Atlántico
Estrellas NH AtlánticoEstrellas NH AtlánticoEstrellas NH AtlánticoEstrellas NH Atlántico NH Atlántico
Foto Zenit Coruña
Estrellas Zenit CoruñaEstrellas Zenit CoruñaEstrellas Zenit CoruñaEstrellas Zenit Coruña Zenit Coruña
Foto RIAZOR
Estrellas RIAZOREstrellas RIAZOREstrellas RIAZOR RIAZOR
Foto Hotel Avenida
Estrellas Hotel AvenidaEstrellas Hotel AvenidaEstrellas Hotel Avenida Hotel Avenida
Foto  Hotel Tryp Coruña
Estrellas  Hotel Tryp CoruñaEstrellas  Hotel Tryp CoruñaEstrellas  Hotel Tryp CoruñaEstrellas  Hotel Tryp Coruña Hotel Tryp Coruña
Foto HOTEL MOON
Estrellas HOTEL MOONEstrellas HOTEL MOON HOTEL MOON